


Á intemperie
Brigitte Vasallo
- 104 pags.
- ISBN: 9788416227686
- La Oveja Roja
- Dónde encontrarlo
- http://www.laovejaroja.es/
- Antropología y sociología |Historia |Poesía
18,95 €
Tríptico do silencio
Unha obra mutante e heteroxénea. Unha poética das diásporas. Tres libros que transitan e combinan, cada un deles, tres linguas: galego, catalán e castelán, e diversas formas narrativas. Brigitte Vassallo desafíanos desde a necesidade, o desexo e a indignación. Como entender e facer propia unha historia negada, a ausencia dunha lingua común, os silencios, os mitos culturais?
«A miña lingua materna é a miseria, a diáspora, o silencio, a intemperie. As miñas linguas maternas son todas estas a pesar meu ou para alegría miña, todas estas que escribo mal, con faltas de ortografía, con pouco vocabulario, todas mesturadas e todas erradas. Mais hoxe, eiquí, deixo de escoller. E deixo de mentir: unha lingua non é só unha colección de sons, é tamén un desexo, unha interlocución. O Tríptico do silencio son tres libros semellantes mais distintos, nas miñas tres linguas maternas, para tres comunidades lingüísticas, se é que iso existe. Cada un dos tres está escrito, á súa vez, mesturando os tres idiomas: porque iso somos nós, o non ter un idioma común, o ir facendo como podemos. E porque é necesario un esforzo para entender unha historia que foi negada, afinar o ouvido, deixarse incomodar e entregarse un pouco, tamén, a gramáticas imposibles.»
Brigitte Vasallo (Barcelona, 1973): Filla dunha familia labrega de Chandrexa de Queixa emigrada a Francia e, despois, a Catalunya. Sen estudos universitarios, traballou de limpadora, camareira, periodista, mariñeira... na actualidade adícase á escritura, á docencia e á investigación, centrada nos mecanismos de pertenza e alteridade, con especial interese na diferenza sexual e na memoria de diáspora rural. Algunha das súas obras son Pornoburka (2013), Pensamiento monógamo, terror poliamoroso (2017), Lenguaje inclusivo y exclusión de clase (2021). Reivindica a súa identidade txarnega e marimacho. Colabora co xornal Praza e en numerosos medios estatais. Como dramaturga presentou Drama en tres lamentos e un par de actos, parte da Triloxía de Naxos, e Un cos (possible) i lesbià, coa codirección da artista visual Alba Corral. Dirixiu o I Festival de Cultura Txarnega de Barcelona.
Con ilustracións de Tonina Matamalas